lunes, 18 de julio de 2022

O MELLOR REGALO

             

O mellor regalo é un sorriso que non se envolve,
tamén unha aperta que non encerra
ou unha palabra que con agarimo no tempo perdura.

O mellor regalo é esa esencia que sempre está
aínda que non haxa presencia,
ou a presencia que sigue no latexo a pesares de ser xa ausencia.

O mellor regalo non ten porque mercarse,
as veces basta falar para facer grandioso cada segundo 
ou dicir milleiros de cousas aínda que os beizos estean cerrados,
deixando que a mirada amose.

Eu sei que o mellor regalo non se da por San Valentín,
dase nun intre calquera
e cando é recibido aparece un fermoso sorrir.

Normalmente para min
o mellor regalo é ver que tes saúde e felicidade,
todo o demáis ven sendo algo así coma
......detalles que tamén forxan ledicia.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 17 de Xullo de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario