domingo, 24 de julio de 2022

CON VÓS


Tantas verbas escoitadas
preto e lonxe con bágoas e risadas,
saen ó ar con vós
para alumear amadas
aínda que non haxa olladas.

Gratitude con vós
por horas tamén musicadas,
con latexos cheos de palabras
e alentos xunguidos a pés e mans.

Apertas para vós
por estar ao carón nas vosas casas
e deixarnos esas boas pegadas
que camiñan sempre nas almas.

Tantas historias contadas
que xamáis serán esquencidas,
porque con vòs
a vida ten grandezas herdadas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 24 de Xullo de 2022

lunes, 18 de julio de 2022

MISA POR EL DÍA DE GALICIA Y DEL APÓSTOL SANTIAGO


 

O MELLOR REGALO

             

O mellor regalo é un sorriso que non se envolve,
tamén unha aperta que non encerra
ou unha palabra que con agarimo no tempo perdura.

O mellor regalo é esa esencia que sempre está
aínda que non haxa presencia,
ou a presencia que sigue no latexo a pesares de ser xa ausencia.

O mellor regalo non ten porque mercarse,
as veces basta falar para facer grandioso cada segundo 
ou dicir milleiros de cousas aínda que os beizos estean cerrados,
deixando que a mirada amose.

Eu sei que o mellor regalo non se da por San Valentín,
dase nun intre calquera
e cando é recibido aparece un fermoso sorrir.

Normalmente para min
o mellor regalo é ver que tes saúde e felicidade,
todo o demáis ven sendo algo así coma
......detalles que tamén forxan ledicia.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 17 de Xullo de 2022

lunes, 11 de julio de 2022

PREGUNTAS E UNHA RESPOSTA

  

Por qué outros pasos teñen que facer o meu camiño, se somente os que dou eu me fan avanzar?

Por qué calquer ollada ten que ver por mín, aquilo que bagoa ou rí no meu ollar?

Por qué teñen as palabras que decirse noutra boca, se os meus beizos posúen alento para falar?
 
Por qué debe outra mente acadar o meu soñar, cando as miñas mans están feitas de cada voar?

Por qué outras orellas fan de díxome-díxome, se son os meus oidos quenes deben escoitar?

Por qué dereitos tortos debe vivir o meu destino, se a miña alma é vida que precisa o meu estar?
 
.....moitas preguntas poden seguir a éstas ....

Respostarei que ...eu son ... porque...

PORQUE CADA SER É UN RESPETADO LATEXO, ONDE NINGUÉN VIVE POR ALGUÉN, NIN TAMPOUCO ALGUÉN MORRE POR NINGUÉN.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 10 de Xullo de 2022.

CONFERENCIA SOBRE LENGUA Y CULTURA DE GALICIA

 


lunes, 4 de julio de 2022

POR SER MULLER


Por ser muller dígoche:
no mesmo traballo
o mesmo salario,
e se queres respeto
que latexe no peito.

Penso que non fan falla máis verbas
para que a igualdade teña cabeza,
nin para que a felicidade 
latexe nos corazóns.
Moitas mulleres traballaron arreo por uns dereitos,
custou moito visibilizarnos como mulleres, como femias,
non foi somente por papeis senón por valor que se leva dentro,
que levamos dentro cada unha amosando saber e respeto.
Respeto por unha e despois en cada paso,
ese respeto que fixo e fai que as portas poidan ter nome de muller,
sinto especial orgullo por aquelas que se levantaron unha e outra vez despois de caer,
por aquelas que fixeron bonito fogar despois de ser escravas de fogares alleos,
por aquelas que tendo marcas visibles e invisibles por abusos, alumaron camiños sen dubidar.

Sinto orgullo e honra por tantas, sobre todo por as mulleres das aldeas,
esas mulleres do rural que somente saben as que pasaron, porque as pasaron, como as pasaron e para que as pasaron.
Mulleres que tiveron que facer de nai, filla, avoa, tía, prima, irmá, mestra, médica, cociñeira ou milleiros de cousas máis.
Mulleres que facian ó mesmo tempo de home sempre coa cabeza alta.
 
Canto orgullo sinto de vos !

Canta honra me facedes sentir !

Porque non fai falla berrar para que alguén escoite,
e así, coma devanando, vaise tecendo o mellor abrigo.

Abrigo que visten as mulleres que xamais deixaron de sorrir,
as mulleres que nunca deixan de sorrir.

ELAS, ó fin son sempre o principio de todo,
de todos, de todas.
GRAZAS MULLERES.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 3 de Xullo de 2022.

sábado, 2 de julio de 2022

MÚSICA


Poñer nun pentagrama
sons cheos de ilusión,
e deixar tanta emoción
en partituras con alma.

Facer dos camiños a casa
interpretando cada canción,
e xuntar nun só corazón
o mundo de tódalas falas.

Iso é un fermoso don
que a música nos agasalla,
cos instrumentos que abrazan
cheos de tenrura e paixón.

A música convirte en sol
os momentos que non escampan,
 prá deixar en nós a calma
que sempre respira por amor.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 26 de Xuño de 2022.