martes, 25 de abril de 2023

UN LIBRO

 

Un libro é un amigo
no viaxar do camiño,
con ensinanzas e risas
que nunca serán olvido.

Nun libro atoparás frío
fogueiras e algún ruído,
con tristezas e caricias
que falarán no oido.

Un libro é un amigo
no estar do destino,
con palabras escritas
que non perden o latido.

Nun libro es ti, sentindo
e sentindo es ti, nun libro.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 23 de Abril do 2023.
Día do libro.

miércoles, 19 de abril de 2023

QUEDOU EN TI

Quedóuseme a pel
no alento das túas mans,
e coa doce ollada
creache un mundo de latexos
.


Quedou en ti,
o camiño que é sorriso
a pesares desas agullas
que choran nos reloxos.

Quedóuseme a sen
nesas letras e falas irmáns,
e con verdade calada
forxache un fogar nos meus dedos.

Quedou en ti,
a honra de cada respiro
dando os meus pés as axudas
que renacen dos enoxos.

Quedóuseme o meu ser
no libro sen papel,
ese que de  ti
florea na rama do vivir,
un vivir que se chama querer
e se pronuncia nacer.

Quedou en ti
todo de min.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 16 de Abril do 2023

martes, 11 de abril de 2023

EU CRÉOTE

 

Cando me din os teus ollos
sigue camiñando,
eu créote, en tí confio
a túa man vaime agarrando.

Cando sinto que non poido máis
sigo loitando,
eu créote, en ti confio
o teu alento chégame calado.

Cando no mundo se perde a fe
sigo rezando,
eu créote, en ti confio
a túa palabra está falando.

Créote, en ti confio,
os dias van pasando
e na miña vida 
o teu corazón sigue sangrando.

Créote, en ti confio
cando todo semella perdido,
créote, en ti confio
tamén a morte deixa algo vivo.

Cando me din os teus ollos
que siga amando,
que non perda a fe,
créote...e sigo confiando.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 9 de Abril do 2023.
Domingo de Pascoa.

lunes, 27 de marzo de 2023

ARXENTINA NO CORAZÓN

 

Arxentina,
que levas no corazón
latexo de música galega
e alento de eterna paixón.

A memoria fala da verdade,
a xustiza atesoura ilusión
e a bandeira que por vós ondea
sabe facelo en cada ocasión.

Arxentina,
terra de moito valor
onde tamén cada aldea
sementa camiños de cor.

Arxentina,
auténtica terra de suor
onde con vós acariñan lendas
que emigraron coa nosa voz.

A memoria deixa lealdade,
a xustiza amosa emoción
e o vento que zoa a súa maneira
sentindo Galicia no corazón.

Arxentina,
hoxe ti, hoxe nós
e sempre no corazón.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 26 de Marzo de 2023.