martes, 11 de abril de 2023

EU CRÉOTE

 

Cando me din os teus ollos
sigue camiñando,
eu créote, en tí confio
a túa man vaime agarrando.

Cando sinto que non poido máis
sigo loitando,
eu créote, en ti confio
o teu alento chégame calado.

Cando no mundo se perde a fe
sigo rezando,
eu créote, en ti confio
a túa palabra está falando.

Créote, en ti confio,
os dias van pasando
e na miña vida 
o teu corazón sigue sangrando.

Créote, en ti confio
cando todo semella perdido,
créote, en ti confio
tamén a morte deixa algo vivo.

Cando me din os teus ollos
que siga amando,
que non perda a fe,
créote...e sigo confiando.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 9 de Abril do 2023.
Domingo de Pascoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario