Etiquetas Latexos de Ana
- agenda de la colectividad (72)
- Camino de Santiago (7)
- editoriales (109)
- entrevistas (38)
- galería fotográfica (44)
- Himno (1)
- Latexos de Ana (106)
- lecturas (25)
- misceláneas (149)
- queimada (2)
- Videos (74)
domingo, 14 de mayo de 2023
lunes, 8 de mayo de 2023
NAICIÑA DO CORAZÓN
Hoxe quero decirche miña naiciña
que te amo día a día,
unha parte dos latexos soan contigo
e outra parte son tantas horiñas
que xuntas fixemos bailar.
Naiciña do corazón
sempre pensando en mín,
arando nas túas entrañas
alentos que non teñen fin.
Hoxe quero decirche miña naiciña
que es terra de valentía,
anacos do camiño que pisan contigo
e outros anacos son tantas folliñas
que enraizan có teu andar.
Naiciña do corazón
sempre coidando de mín,
tecendo noites e mañáns
as caricias que aman sen fin.
A tódalas nais e tamén para avós, avoas e pais que foron, son e serán dalgún xeito tamén nais.
Grazas no día da nai en España que se celebra sempre o primeiro domingo do mes de maio.
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 7 de Maio do 2023.
jueves, 4 de mayo de 2023
AS ALDEAS DA MEMORIA
Aldeas onde nacemos
lémbranse dun pasado,
con anacos de soños
e camiños ben enfíados.
Temos hoxe connosco
a Baldo Ramos,
que nos irá contando
do que foi tan amado.
Soa cada melodía
nas fotos dun arado,
e as palabras de Baldo
váise tornando poesía.
A memoria das aldeas
sempre estará viva,
namentres fogares e leiras
teñan unha vida.
Vida como a que o escritor Baldo Ramos, a música de Manuel Panferreteiroe as fotos de Ignacio Castro "Nachok"... amosaron en Taboada, nun evento onde presentei a súa actuación sobre o libro As aldeas da memoria. Editado pola Deputación de Lugo, e que grazas a ela, ao concello de Taboada e a Asociación Mulleres Rurais Landra de Taboada, tivo lugar o sábado 28 de Abril do 2023.
Poesía para dito acto.
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
martes, 25 de abril de 2023
UN LIBRO
Un libro é un amigo
no viaxar do camiño,
con ensinanzas e risas
que nunca serán olvido.
Nun libro atoparás frío
fogueiras e algún ruído,
con tristezas e caricias
que falarán no oido.
Un libro é un amigo
no estar do destino,
con palabras escritas
que non perden o latido.
Nun libro es ti, sentindo
e sentindo es ti, nun libro.
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 23 de Abril do 2023.
Día do libro.
miércoles, 19 de abril de 2023
QUEDOU EN TI
Quedóuseme a pel
no alento das túas mans,
e coa doce ollada
creache un mundo de latexos.
Quedou en ti,
o camiño que é sorriso
a pesares desas agullas
que choran nos reloxos.
Quedóuseme a sen
nesas letras e falas irmáns,
e con verdade calada
forxache un fogar nos meus dedos.
Quedou en ti,
a honra de cada respiro
dando os meus pés as axudas
que renacen dos enoxos.
Quedóuseme o meu ser
no libro sen papel,
ese que de ti
florea na rama do vivir,
un vivir que se chama querer
e se pronuncia nacer.
Quedou en ti
todo de min.
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 16 de Abril do 2023
martes, 11 de abril de 2023
EU CRÉOTE
Cando me din os teus ollos
sigue camiñando,
eu créote, en tí confio
a túa man vaime agarrando.
Cando sinto que non poido máis
sigo loitando,
eu créote, en ti confio
o teu alento chégame calado.
Cando no mundo se perde a fe
sigo rezando,
eu créote, en ti confio
a túa palabra está falando.
Créote, en ti confio,
os dias van pasando
e na miña vida
o teu corazón sigue sangrando.
Créote, en ti confio
cando todo semella perdido,
créote, en ti confio
tamén a morte deixa algo vivo.
Cando me din os teus ollos
que siga amando,
que non perda a fe,
créote...e sigo confiando.
Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 9 de Abril do 2023.
Domingo de Pascoa.
martes, 4 de abril de 2023
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



