lunes, 21 de agosto de 2023

NA GALICIA MARTIR



Galicia Mártir
onde a memoria fala,
escoitando tantas bágoas
que na terra foron mancadas.

Cada recuncho galego
ten alguén na súa alma,
con historias soterradas
e camiños de mans sangradas.

Galicia Mártir
tí que no tempo cantas,
vas deixándonos boas pegadas
onde sempre soan olladas.

Cada fogar galego
ten verdades ben agochadas,
que son con lealdade respetadas
e na vida, na nosa vida honradas.

Na Galicia Mártir
sofren  badaladas,
por xente amada
que vai con nós vencellada.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 17 de Agosto do 2023.
Na lembranza dos nosos e nosas mártires. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario