domingo, 6 de agosto de 2023

AMOR DE VERÁN

   

Amor de verán
ondas que veñen e van,
lúa con sabor a sal
e sol escribindo no chan.

Sombra que alento da
cantigas soando polo ar,
arumes de terra e mar
e bicos voando da man.

Este amor de verán
co teu nome para soñar.

Amor de cada verán
lugares que acenden fogar,
danzares de fermoso serán
e libros amosando amar.

Amor de verán
non precisas pedestal,
somente a luz dun ollar
que perdura cada espertar.

Este amor de verán
co teu nome para respirar.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 6 de Agosto do 2023.

(Porque sempre hai un amor de verán, sexa un intre ou para toda unha vida).

No hay comentarios:

Publicar un comentario