lunes, 31 de julio de 2023

♡♡ DIA DA NOSA GALICIA ♡♡


Baixo un ceo estrelado
un camiño sacro,
a Compostela vai achegando
distintos mundos cada paso.

Dos escritos pasados
Rosalia de Castro, Castelao,
Emilia Pardo Bazán ou Manuel María
amosaron a nosa fermosa lingua.

Hoxe día grande, día de Galicia,
festa, homenaxe e misa,
soar das campás, poesía
con fontes e ríos unha terra viva.

Hoxe galegos e galegas, Rosalia.
Hoxe cada lugar, Galicia.

Tesouro ben legado
entre pedras consagrado,
fáille a Compostela tellado
por mar e leiras forxado.

Rosalía, poeta xamais esquencida.
Castelao, irmán " das cousas da vida"
A terra chá de Manuel María,
e os Pazos de Ulloa da gran Emilia.

Tanto temos en Galicia.

Hoxe, día do Santiago Apóstolo,
Os soños na Gaiola son liberdade
e A nai natureza sementa verdade,
para que Sempre en Galicia
As Follas Novas teñan bondade.

Hoxe día de Galicia
orgullo de Rosalía,
mañá, día e noite Galicia
e honra de sentila.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 25 de Xullo do 2023.
♡♡Con eterna gratitude, por darme a ledicia de recitar este poema no acto homenaxe a Rosalia na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Umha honra.♡♡

No hay comentarios:

Publicar un comentario