jueves, 6 de julio de 2023

ATLÁNTICAS

Unha honra estar ao carón
das mulleres de terra e mar,
formar parte desas olladas
que Adrián foi quen de mostrar.

Un orgullo no latir do corazón
das mulleres e do seu gran amar,
soñar con fogares, leiras e ondas
nestas fotos que son un camiñar.

Atlánticas, que foron e son.
Atlánticas, arar e sementar.
Atlánticas, ficaron, marcharon.
Atlánticas, morrer e resucitar.
Atlánticas, caeron, levantaron
unha vida, un legado.
As nosas Atlánticas.
Bàgoa e sorriso das mulleres galegas.

Poema adicado para a Exposición de Atlánticas no Museo do Pobo Galego que se inaugurou o venres 30 deXuño do 2023. Fotografías de ADRIÁN BAÚLDE. GRAZAS 
Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 30 de Xuño do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario