lunes, 20 de marzo de 2023

♡DIA DO PAI♡

Neste día de ilusión
comparto con vós,
a fermosa felicitación
que merecen os pais.

Pais que moito traballaron
para deixarnos un legado,
pais que as veces erraron
por o moito que amaron.

Neste dia de emoción
comparto dende Galicia,
un alento de valor
para os pais que alumían.

Pais que verdade forxaron
para cada feito respetado,
pais que tamén choraron
por quenes foron enterrando.

Neste día do pai
para todos eles vai,
unha aperta por o ar
de quen tamén é nai.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 19 de Marzo do 2023.
"Dia de San José" 
"Día do pai en España"
          ♡PARABÉNS♡

No hay comentarios:

Publicar un comentario