miércoles, 15 de marzo de 2023

AUGA E VIÑO

 

Din que a auga
desfai os camiños,
verdade e lenda
nos feitos e libros.

Din que con pan e viño
se vai facendo camiño,
verdade e lenda
de amigas e amigos.

Auga e viño
sendo agarimo,
da vida galega
no mar e na terra.

Auga e viño
teñen sentido,
da lingua galega
no mar e na terra.

Din que a auga
levas os suspiros,
da xente labrega
nos seus asubíos.

Din que cun grolo de viño
se tecen os amoríos,
das ondas e leiras
baixo estrelas e sorriso.

Auga e viño
valor seguido,
lealdade sen fenda
no tempo vivido.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 12 de Marzo do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario