lunes, 27 de febrero de 2023

MULLER DE NOME ROSALIA


 Muller de nome Rosalía

coñecida por ser poeta,

por escribir cada letra

con amor a Galicia.

Rosalía, ti como muller

pasache dor e ledicia,

como fai cada muller

para que sorría a vida.

 

Valor e agarimo están

en cada paso do camiño,

deses pasos que se dan

tecendo alonxando frio.

Calor e destino van

na man co mesmo sino,

nos pobos todos irmáns

onde hai enganos e agarimos.

 

Muller de nome Rosalia,

prezada poeta galega,

ti que sabes o que brilla

amosáchelo en poemas.

Rosalía, ti como muller

aturache medo que había,

loitache por cada muller

para que a verdade deixe máis vida.

 

Ti muller, ti Rosalía,

tamén na miña poesía.

Hoxe por ser o teu día

mañá por quen respira

e sempre por Galicia

e quen dende o ceo mira,

porque en cada muller

hai latexos, hai vida.

 

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.

En Taboada a 26 de Febreiro do 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario