domingo, 12 de junio de 2022

SON ASÍ


Son coma un grao de area
que permitiu o destino,
son muller de aldea
contenta co meu camiño.

Son de terra galega
onde respira o cariño,
son muller labrega
co amor no meu sentido.

Son tamén algo poeta
no rural onde escribo
e deixo herdanza leda
quizáis prá ser agarimo.

Son así, algo toxo, algo poema
un anaco de mil aloumiños.

Son así, unha pequena gandeira,
quizáis páxina dun libro.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 12 de Xuño de 2022.

1 comentario: