lunes, 6 de junio de 2022

SINXELA PORTA


Vimos un dia para o mundo porque así é o destino,
non sabemos como seran as pegadas do camiño,
nin se detrás dunha sinxela porta
haberá estancias de soidade ou agarimo.

Imos medrando entre segundos paseniños,
atopando amizade e mantas con frío,
cousas que non importan ou que sí contan
namentres levamos labazadas e aloumiños.

Estamos de paso nuns intres moi vivos,
con alentos ben arroupados ou espídos,
quizáis non ollemos detrás dunha sinxela porta
latexos que nos enchen de soños escritos.

Seguimos a nosa vida sementando montes e ríos,
formando vales e mares que non serán olvidos,
onde ben sexa por boas ou por malas
firmamos estrelas nun ceo de suspiros.

Detrás dunha sinxela porta
van dende esta terra que piso
apertas e bicos que soan
porque os vosos corazóns importan.

Detrás dunha sinxela porta
perdura destino dun camiño.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
Taboada a 5 de Xunio de 2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario