viernes, 20 de septiembre de 2019

¡ QUE EXTRAÑO ! LA XUNTA NO ADELANTÓ LA PRESENCIA DEL PRESIDENTE EN LA INAUGURACIÓN DE EDIFICIO DE OSPAÑA, A LA QUE ASISTIÓ AYER.



O presidente da Xunta estará acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana

FEIJÓO INICIA HOXE UNHA VIAXE INSTITUCIONAL A ARXENTINA CUNHA MARCADA AXENDA ECONÓMICA E CULTURAL, CO SECTOR DA PESCA E O VINDEIRO XACOBEO 2021 COMO PROTAGONISTAS

§  O titular do Goberno galego apoiará á industria pesqueira galega e iniciará a súa viaxe na provincia de Chubut
§  Participará, tamén, en varios actos culturais para promocionar o que será o mellor Ano Santo da nosa historia e mostrar a Comunidade como un lugar para visitar, que conta cunha oferta turística saudable, natural e gastronómica única
§  Feijóo manterá varios encontros coa colectividade galega e participará no acto conmemorativo da 30 edición do Conecta con Galicia, cuxo obxectivo é fomentar e reforzar os lazos que unen aos mozos galegos do exterior coa Comunidade

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2019.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inicia hoxe unha viaxe institucional a Arxentina cunha marcada axenda económica e cultural, na que o sector da pesca e a celebración do Xacobeo 2021 serán os protagonistas.

Feijóo apoiará á industria pesqueira galega, iniciando a súa viaxe en Puerto Madryn, unha cidade da provincia do Chubut, onde terá ocasión de coñecer o seu porto, así como o traballo das principais empresas pesqueiras da zona. Posteriormente, trasladarase á cidade de Rawson, onde manterá unha reunión co Gobernador da provincia de Chubut, Mariano Arcioni, e a Puerto Deseado, onde terá lugar un encontro con empresarios pesqueiros galegos.

O responsable do Goberno galego, que estará acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, manterá durante a súa estancia numerosos encontros institucionais coas autoridades das localidades, así como co Goberno arxentino.

Promocionar o que será o mellor Ano Santo na mellor Galicia da nosa historia será outro dos piares desta viaxe, que se prolongará ata o sábado 21 de setembro. Así, ademais de visitar Comodoro Rivadavia, Feijóo desprazarase á turística cidade Mar de Plata, onde participará en varios actos como a inauguración do Obradoiro de Sabores, ou da exposición Xacobeo, nos que incidirá en mostrar a Comunidade como un lugar para visitar, cunha oferta turística saudable, natural e gastronómica única.

Durante a viaxe, o presidente da Xunta terá ocasión de manter varios encontros coa colectividade galega das distintas cidades arxentinas e, en especial, cos máis novos. Non en van, Arxentina é o país do mundo con maior presencia galega, con máis de 176.000 galegos. Deste xeito, en Bos Aires, visitará o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, e participará no acto conmemorativo da 30 edición do programa Conecta con Galicia, unha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar e reforzar os lazos que unen aos mozos galegos do exterior coa Comunidade.

Feijóo entregará a Compostela aos participantes do Conecta con Galicia 2019, e coñecerá de primeira man as súas experiencias percorrendo este verán o Camiño de Santiago, así como a súa estancia no campamento de Gandarío, en Bergondo.


SAÚDOS,
COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA



No hay comentarios:

Publicar un comentario