viernes, 18 de septiembre de 2015

Carlos Núñez gaña o Premio Rosa dos Ventos 2015

Carlos Núñez gaña o Premio Rosa dos Ventos 2015
A distinción que outorga anualmente o alumnado de 5.º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires quedou nas mans do músico Carlos Núñez.
Nunha vindeira visita á Arxentina, o prestixioso artista recibirá o recoñecemento nunha cerimonia que se desenvolverá no centro educativo e estará organizada polos mesmos rapaces que o escolleron.
Bos Aires, 17 de setembro de 2015 – O músico Carlos Núñez, autor de discos como A irmandade das estrelas, Os amores libres, Mayo longo, Cinema do mar ou Inter-Celtic; colaborador permanente da banda irlandesa The Cieftains e merecedor de dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos foi recoñecido co premio “Rosa dos Ventos” que, dende o 2012, entregan anualmente os rapaces e rapazas de 5.º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires e que en anteriores ocasións recaeu no director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes (2012), en Luís G. Tosar, presidente do Centro PEN Galicia (2013) e no escritor e académico Manuel Rivas (2014).
“A figura de Carlos Núñez simboliza o compromiso na defensa da identidade de Galicia ao longo do mundo e demostra que o noso patrimonio cultural está vivo, florece e transcende globalmente. El é un guieiro que acrecenta en nós o respecto pola cultura galega ao demostrar en cada unha das súas intervencións a súa perenne louzanía”, explicaron os mozos e mozas.
Ademais, engadiron: “A defensa dos valores elementais do ser humano, o seu espírito crítico e reflexivo, a súa postura de defensa activa da lingua galega, a predisposición para atendernos e crer en nós son principios que valoramos moito”.
O feito de que Carlos Núñez non se centre exclusivamente na Música Celta ou de Galicia cunha visión "eurocentrista", senón que dende hai 20 anos estea sacando do seu acubillo a música da Galicia da diáspora foi tido moi en conta polos mozos e mozas do Santiago Apóstol á hora de outorgar o premio: “Carlos entende que Galicia tamén se constrúe dende acó, que Galicia non é unicamente un recuncho da Península Ibérica, senón que está onde haxa un sentir que desexe ser partícipe do seu marabilloso encanto”, explicaron os mozos.
Entre as razóns que se expuxeron á hora de defender a candidatura do músico vigués tamén estiveron presentes os seus vínculos coa emigración, pois cómpre lembrar que foi Carlos Núñez quen deu a coñecer ao gran público o gaiteiro galego arxentino Manuel Dopazo de quen se considera un fervente admirador (“o mellor gaiteiro da postguerra non estaba en Galicia, senón en Arxentina”), que gravou en Cuba con The Chieftains, Ry Cooder e os músicos do que pouco despois se convertiría en Buena Vista Social Club e que, nestes anos, veu tocar á Arxentina en numerosas ocasións, tanto en Bos Aires como no interior, sempre con salas cheas e sempre para un público entregado. Na Arxentina, acompañou no escenario a grandes músicos como León Gieco ou Chango Spasiuk e recibiu o apoio de artistas da talla de Mercedes Sosa, Quino, Les Luthiers ou o actor galego arxentino, Eduardo Blanco.
Foi o día 11 de setembro pasado cando, logo de presentar as diferentes candidaturas, se realizou no instituto a votación segundo as regras estipuladas nas bases do galardón. O escrutinio posterior fixou que o alumnado considera merecente do premio “Rosa dos Ventos 2015” ao recoñecido artista Carlos Núñez.
“A súa inxente creatividade, a constante inquedanza por explorar novos vieiros no campo da arte musical, a perseveranza inalterable na defensa das orixes, a xenerosidade que mostra abrindo portas a artistas noveis... fan que nos sintamos orgullosos de homenaxealo con este humilde premio”, expuxeron os rapaces para argumentar a súa decisión.
A comezos do ano 2012, o alumnado de 5º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires presentou á Delegación arxentina da Fundación Galicia América unha proposta anovadora e que o órgano xestor do centro educativo aprobou e apoiou atendendo aos baseamentos que tal proxecto ten.
Aquela proposición consistía na creación dun premio anual para homenaxear a un home ou muller que, sen formar parte da institución, acredite méritos salientables na defensa da identidade fundacional do Instituto Santiago Apóstol. Ademais, esixíase do premiado que mostre compromiso co labor pedagóxico realizado no centro e contribúa na divulgación das actividades que se realizan apoiando as múltiples iniciativas que dende esta beira do Atlántico se presentan.
Deste xeito, nacía o premio “Rosa dos Ventos” coa firme intención de recoñecer humildemente o esforzo das personalidades que desinteresadamente acompañan á escola e reflicten os valores democráticos que o Santiago Apóstol defende.
Así, en todos os ciclos lectivos a partir daquel, o alumnado maior da institución (5.º curso de Bacharelato) propón de xeito individual os/as candidatos/as que consideren merecentes de ser homenaxeados e fundamenta as razóns para tal escolla. Unha vez designadas as candidaturas, realízase unha votación interna con voto secreto entre os alumnos e alumnas que compoñen o curso, a cal designa a persoa galardoada dese ano.
Instituto Santiago Apóstol
O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires vén desenvolvendo dende hai máis dunha década e media un traballo continuo no asentamento, potenciación e espallamento dos valores patrimoniais galegos dentro dun currículo parello ao dos centros asentados na Galicia territorial.
Este centro educativo, xestionado pola Fundación Galicia América (constituída pola Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires), desenvolve un proxecto educativo bicultural nos niveis Inicial, Primario e Secundario e traballa co obxectivo primordial de brindar unha educación de calidade contrastada, elemento fundamental na promoción dunha escola que leva implícito o nome de Galicia fóra das fronteiras administrativas da Comunidade Autónoma.
Así, a custodia, difusión, reforzamento e desenvolvemento do patrimonio material e inmaterial galego en todos os campos e a oferta dunha educación aberta aos cambios que esixen os novos tempos son alicerces innegociables da institución educativa, piares básicos que sustentan todos os traballos cotiáns.
Fonte: Instituto Santiago Apóstol (www.santiagoapostol.edu.ar)

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo. É o grande embaixador da música galega, vendeu máis dun millón de discos e fai unha media de 100 concertos ao ano en países como os Estados Unidos, Canadá, Xapón, Francia, Alemaña, México, Brasil, Arxentina, Uruguai... e, por suposto, España. Carlos colaborou con artistas da talla dos Chieftains, Ry Cooder, Ryuichi Sakamoto, Laurie Anderson, Jackson Browne, Montserrat Caballé, Joan Manuel Serrat, Luz Casal ou mesmo Julio Iglesias, quen este ano o convidou aos seus dous shows no Albert Hall de Londres. Asemade, tocou con orquestras noutros teatros como o Carnegie Hall de Nova York ou, tamén este 2015, no Musikverein de Viena, sede dos famosos concertos de Aninovo, o que supón un fito, xa que é o primeiro gaiteiro da historia en tocar neses 3 míticos teatros. Ademais, colaborou en múltiples bandas sonoras, nomeadamente na da oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar.

Fonte: www.carlos-nunez.com


miércoles, 2 de septiembre de 2015

ENLACE PARA ESCUCHAR LA EMISIÓN DE CON VÓS DEL 30-8-2015

A partir de esta semana ponemos en marcha un nuevo servicio para nuestros seguidores. El mismo consiste en publicar el enlace a través del cual se podrá escuchar la última emisión del programa.

https://soundcloud.com/radio-cultura-fm-97-9/30-08-2015-con-vos


domingo, 30 de agosto de 2015

CARTA DEL PRESIDENTE DEL PP GALLEGO Y RESPUESTA DE LA FEDERACIÓN UNIÓN DE ASOCIACIONES GALLEGAS.LEÍDA EN EL PROGRAMA CON VÓS EL 30-8-2015

Lectura en el programa Con Vós del 30-8-2015, con  la nota remitida a entidades de la colectividad en la Argentina, por el Presidente del PP gallego y la posterior respuesta al mismo.
                                                                                          
Estimados Presidentes
Con motivo de dar respuesta a lo solicitado en la carta recibida del Presidente del Partido Popular de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, que adjuntamos más abajo, solicitamos nos envíen antes del lunes, las ideas, propuestas, sugerencia e inquietudes que desearan plantear en
la nota de respuesta.
          Saludos cordiales
 José Manuel Rodríguez                                                               José Luis Sangiao Otero
SECRETARIO                                                                                        PRESIDENTE
 Axuntamos carta do Presidente do PPdeG en relación á elaboración da Ponencia Política do Partido Popular de Galicia.
Un cordial saúdo,
Oficina PPdeGalicia



Estimado Presidente del
PARTIDO POPULAR DE GALICIA
D. Alberto Núñez Feijóo
Su despacho

Por este medio, enviamos respuesta a la nota que nos enviara oportunamente, en relación a la Ponencia del Partido Popular de Galicia.
 El contenido de esta nota, surge del consenso logrado en Plenario de Presidentes, reunido a este efecto.
 Saludos cordiales

José Manuel Rodríguez                                               José Luis Sangiao Otero
        Secretario                                                                      Presidente


Buenos Aires, 28 de julio de 2015

Estimado Presidente do Partido Popular de Galicia:

Recibimos a súa carta na cal invita a sociedade galega a facerlle chegar ideas, propostas, suxerencias ou inquedanzas co obxecto de axudar ao partido que vostede preside a ser un partido mellor.
Formula vostede o seu desexo de que a sociedade galega sexa protagonista, axudándolle a deseñar o partido que Galicia merece, precisa e necesita.
Non escapa á nosa percepción, que esta iniciativa se lanza como reacción á lectura que tiveron para o seu partido uns resultados electorais que significaron unha perda de poder político e territorial, cuxa cuantificación deixamos ao seu criterio, pero coa certeza de que nesta oportunidade a valoración da expresión a través do sufraxio que efectuou o pobo galego territorial, foi negativa para o seu partido político.
Por iso, comprendemos e apreciamos a súa inquietude como líder político do partido que preside para retomar a iniciativa e recuperar a confianza perdida, solicitando ao elector a súa participación nun proceso de mellora e debate de ideas superadoras
Pero así como valoramos a súa iniciativa, resúltanos desconcertante que se lle pida a través dunha nota a participación coas súas ideas aos galegos que residimos fóra do territorio, como convidados de pedra dunha festa na que non fomos invitados.
Este colectivo non tivo a oportunidade que tiveron os que residen no territorio da Comunidade Autónoma de manifestarse a través do voto nestas eleccións, pola coñecida razón de que ese dereito foi acernado por un dos escasos acordos políticos ao que arribaron os líderes dos partidos maioritarios na anterior lexislatura.
Ese acernamento do noso dereito a votar en eleccións municipais, foi acompañado polo outro recorte dos nosos dereitos constitucionais no ámbito das eleccións autonómicas, estatais e europeas, que nos leva á indignante situación de ter que "rogar" para exercer un dereito constitucional que nos asiste, implantando un enmarañado e labiríntico procedemento que ofende aos electores na súa dignidade, e trae como resultado unha insignificante participación dos cidadáns no exterior nos procesos electorais.
Non albiscamos por parte dos partidos maioritarios a vontade política manifestada con feitos concretos de resolver este desaguisado provocado por eles, pois de habela, o tema xa se tivese resolto coa mesma facilidade e rapidez que tiveron ao momento de impoñer a reforma, e isto lévanos a supoñer que nas próximas eleccións tampouco poderemos manifestarnos a través do voto libremente e sen obstáculos.
Por iso señor Presidente do Partido Popular de Galicia, na ponencia que vostede nos solicita, pedimos o seu partido, así como o resto dos partidos políticos con representación parlamentaria, que sexan coherentes e que dirixan as súas accións cara aos galegos que residimos fóra, con coherencia.
Podemos manifestar ideas a través dunha carta, pero queremos facelo exercendo o noso dereito a votar libremente, sen obstáculos e coas seguridades que garantan a transparencia do proceso.
Actuar con coherencia na mensaxe e nas accións, axudará sen dúbida ningunha a toda a clase política a que os galegos, en calquera lugar que residan, recuperen a confianza nela, para unha Galicia Universal puxante, moderna e á vez tradicional, na súa cultura e nos seus valores.
                                                                                      
José Manuel Rodríguez                    José Luis Sangiao
   SECRETARIO                                PRESIDENTE