domingo, 14 de agosto de 2022

TI QUE ME ESCOITAS

 


  • Para ti amigo, amiga
    que a través das ondas,
    estás escoitando cada domingo
    vai hoxe esta poesía.

    Verbas dende Galicia
    terra que tanto namora,
    deixando apertas no camiño
    para que sempre haxa vida.

    Poema desta gandeira
    co alento que quizáis soñas,
    mándoche por radio un aloumiño
    distes..que te fan sentir na casiña.

    Verbas dende Galicia
    terra que tanto " añora"
    agardando estar contigo
    cantándoche lendas con morriña.

    Para ti que me escoitas
    dígoche;  gaña calquer loita,
    porque ti amigo, amiga, importas
    e aínda se non nos coñecemos
    un sorriso temos,
    nas fiestras e nas portas.

    Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
    Taboada a 14 de Agosto do 2022.


lunes, 1 de agosto de 2022

HOMENAXE A ROSALIA

    

Rosalía,
cos teus "Cantares Galegos"
dende as "beiriñas do Sar",
deche auga aos regatos
e vida alén do mar.
   
   Vai para ti esta homenaxe
   por alma, honra e coraxe.

Poemas, prosa ou cantigas
son parte dos latexos,
que alumean con alentos
para perdurar nos beizos.

   Na fermosa Galicia
   a fala é o galego,
   do pobo mariñeiro
   do pobo labrego,
   e as túas verbas, Rosalía
   soan por o mundo enteiro.

Na fermosa Galicia
hai lendas e contos estranos,
agochando "Ruinas"
soando campás nos "Domingos de Ramos",
e, levando botas azuis un cabaleiro
que ao teu paso quita o sombreiro.

Rosalía,
que revives como "Follas Novas"
sendo tamén "La hija del mar",
es bágoa e sorriso da terra,
ti, Rosalía,
fiestra da cultura popular.

   Vai por ti esta homenaxe
   por alma, honra e coraxe.

"Costumbres  Galegas"
dende "Padrón y las inundaciones",
de tanto amor
que tiveche e tes no corazón,
van para ti estas verbas
prezada e aprezada
Maria Rosalía Rita de Castro
tanto que legache ninguén o quita.

Grazas con humildade, orgullo e valor,
porque en nós,
en nós están os teus Airiños Aires.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 25 de Xullo do 2022.
Dia de Galicia.

domingo, 24 de julio de 2022

CON VÓS


Tantas verbas escoitadas
preto e lonxe con bágoas e risadas,
saen ó ar con vós
para alumear amadas
aínda que non haxa olladas.

Gratitude con vós
por horas tamén musicadas,
con latexos cheos de palabras
e alentos xunguidos a pés e mans.

Apertas para vós
por estar ao carón nas vosas casas
e deixarnos esas boas pegadas
que camiñan sempre nas almas.

Tantas historias contadas
que xamáis serán esquencidas,
porque con vòs
a vida ten grandezas herdadas.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
Taboada a 24 de Xullo de 2022