lunes, 7 de marzo de 2005

EL SEÑOR FRAGA ¿QUIERE SEGUIR SIENDO PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA?

Teniendo en cuenta que ya anunció su voluntad de presentarse en las próximas elecciones autonómicas, encabezando la lista de candidatos de su partido, por la provincia de A Coruña, parece que no hay dudas. Pero teniendo en cuenta sus comentarios de hace unos días en la República Oriental del Uruguay, yo no estoy tan seguro de que Don Manuel quiera reincidir.
Dijo el señor Fraga, refiriéndose a la empresa ENCE, ( la celulosa que lleva años contaminando la ría de Pontevedra): Si el PP consigue renovar la mayoría absoluta en las próximas elecciones autonómicas, esta empresa seguirá en Pontevedra "de una forma u otra", y justificó la ubicación de la papelera en la ría, porque ese espacio, "no tiene las características que tendría una ría en la que nunca se hiciera ninguna industrialización"
La mencionada empresa, va a construir una planta productora en Uruguay. Lo que produjo distintas reacciones en ese país. Refiriéndose a los que se oponen a la instalación de la misma, el presidente gallego dijo: "no son de derechas ni de izquierdas, sino gente que tiene averiada una parte. Si hubiese de estos cuando estábamos en la cuevas de Altamira, aún estaríamos en ellas: Esto no es política medioambiental, es perjudicar el desenvolvimiento sustentable de las sociedades".
En cuanto al tema uruguayo, no tengo suficiente información para opinar, no obstante, no me parece procedente, decir que alguien tiene averiada una parte, porque no piensa como yo. En el caso de Pontevedra, como pontevedrés, nunca entendí como se pudo arruinar legalmente durante años, nuestra ría y la vida de sus vecinos. Y desde luego, no me conformará jamás, que me digan que la ría está arruinada y debe seguir así.
No se como se vivía en las cuevas de Altamira, pero se lo que quiero: Agua pura; aire puro; seres vivos felices. Y se que para ello, nuestras rías, no sólo tiene que estar libres de contaminación, sino también, del tránsito de la droga y de los que tienen como único Dios al dinero. 

domingo, 2 de enero de 2005

TRAGEDIA EN EL LOCAL BAILABLE, REPÚBLICA CROMAGNON

Hace 46 años y medio que vivo en Buenos Aires, desde los 18 años trabajé siempre, primero como empleado, posteriormente como autónomo. Hace 30 años que conduzco mis propios automóviles, sin haber lesionado jamás a una persona con los mismos. He mandado y mando a mis hijas a recibir la necesaria instrucción, para formarlas, no sólo como personas de bien, sino también como ciudadanas útiles a su país. Mi prontuario policial está absolutamente en blanco. 
Con todo esto, bien puedo decir que, no soy el mejor ciudadano de Buenos Aires, pero soy un buen ciudadano. No obstante, nadie jamás me pagó por ello, y está bien, la función del ciudadano no es remunerada, al contrario, el ciudadano debe pagar tasas e impuestos, con cuya recaudación, se pagará a: quienes eduquen a sus hijos; quienes cuiden la salud de la población; quienes armados y educados le otorguen seguridad; quienes legislen para una mejor convivencia; quienes hagan cumplir la legislación. 
Pero yo, que me considero un buen ciudadano, pude haber sido el jueves uno más de los tantos padres buenos ciudadanos, que perdieron a sus hijos en la terrible tragedia del local bailable, República Cromagnon.
Como no lo fui, tengo tiempo y ánimo para informarme a través de la prensa; y entonces me enteré que: la capacidad del local estaba absoluta y desproporcionadamente sobrepasada; que la salida de emergencia estaba inutilizable; que los recubrimientos del techo del salón eran altamente combustibles; que ciudadanos irresponsables, introdujeron y quemaron pirotecnia en el lugar; que pequeñas criaturas estaban en una pseudo guardería del establecimiento; que la Defensoría del Pueblo, había advertido hace siete meses a las autoridades de la Ciudad de Buenos Aires, acerca de la existencia de doscientos cincuenta y ocho locales bailables en la ciudad, de los que sólo treinta y seis, reunían las condiciones de seguridad necesarias en caso de producirse un incendio, (algo más del 12% bien contra casi un 88% mal) . Y veo y escucho al jefe del Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires, señor Aníbal Ibarra, diciendo que los empresarios del salón hicieron las cosas mal, que los que introdujeron la pirotecnia fueron irresponsables, que su gobierno manda inspectores, pero, al retirarse éstos, los dueños de los locales alteran la condiciones de los mismos, bla, bla, bla. 
Los ciudadanos cuyos hijos van a bailar, sabemos perfectamente, que existen otros ciudadanos que en su afán de lucro son capaces de poner en riesgo la vida de sus semejantes, sabemos también que entre los humanos hay irresponsables, capaces de poner en riesgo su vida y la de los demás, sabemos finalmente los ciudadanos, todos los peligros que acechan a nuestros hijos. Pero, señor Jefe de Gobierno, cuando usted fue ungido para tal cargo por el voto de sus conciudadanos, lo fue, por que éstos creyeron que con el aporte económico, que cada uno de ellos hace diariamente, y con vuestra capacidad de gestión, la ciudad tendría normas y controles, que no permitirían jamás, que ninguno de nosotros tuviese que llorar por una tragedia como la vivida en las últimas horas. Pero esto no fue así, y el pueblo argentino, vivió el fin de año más triste de su historia, por culpa de la corrupción e incapacidad de su gobierno, Sr. Ibarra.

martes, 14 de diciembre de 2004

martes, 23 de noviembre de 2004

O meu camiño

"O Meu Camiño", empeceino o martes 9 de novembro do 2004 - Ano Xubilar Compostelano - ao colle-lo avión no aeroporto de Buenos Aires, que saíu as 16,30 hora argentina, e chegou a Madrid, o mércores 10 ás 7,30 hora española.
Ás 9,25 subín ao avión que me levaría a Galicia, o que por saír moi atrasado, chegou a Santiago pasada-las once. Un taxi levoume a terminal de autobuses de Santiago e un autobús ao Concello de Vilamarín en Ourense, donde xantei e deixei a maleta sen abrir. Nun coche particular fun a Ourense, donde ás 18,30 collín un autobús para Lugo, alí montei noutro, que ao fin me puxo en Sarria, (punto inicial do "meu Camiño") ás 20,45. A pe coa mochila ao lombo, dirixínme ao albergue de peregrinos,no que non estando a hospitaleira (encargada do albergue), esperei por ela ata as 23,08. A espera foi moi agradable, xa que aí empecei a mergullarme no espíritu do Camiño, a través da longa e agradable conversación que mantiven con Francisco "Paco" Murareto (Jerez,Cádiz); Luis Martín Valverde (Granada), e dous paisanos de Salvaterra do Miño, parroquia de Fornelos, José Souto e José Antonio Rodríguez Merino.Os catro empezaran o Camiño no Cebreiro, levaban 40 kms. andados, con unha diferencia, os galegos fixeran o treito nun día coas mochilas e os andaluces fixérano en dous días, sin mochilas (hay xente que por 3 Euros por mochila, lévaas dun punto a outro), porque un deles non pode cargar peso. Cando por fin chegou a hospitaleira Teresa (de bastante mal carácter), asignouno-las únicas tres camas que quedaban, a Ángela Hernández Rodríguez de Alba, (Torniz-Salamanca); a Juan José del Teso Mateos, tamén de Salamanca, (ámbolos dous radicados en Mallorca); e a min.Durmin nunha liteira superior sen escaleira, (pola noite e ás escuras subín e baixen polos pes da cama de abaixo), e a mañá cedo, desperteime co balbordo que homes e mulleres facían aprontando a súa marcha diaria. Sen dúbida é algo novidoso para alguén que vive en Buenos Aires, despertarse entre homes e mulleres de distintas idades, e que haxa un só recinto sanitario para todos. Reposto da sorpresa, collín o grabador e dispúxenme a recoller impresións dos peregrinos. O primeiro entrevistado foi "Paco" o andaluz, quen me dixo que con dous días de andar doíanlle moito as pernas, que empezara o Camiño coma unha forma de facer turismo, pero que agora a cabeza vaille evolucionando cada vez máis e pensa en outras cousas.Ao falar co seu amigo Luis soubemos que se coñeceron na Universidade en 1965 e que alí naceu unha amizade entrañable, que dito en tono risoño, nin os respectivos casamentos poideron desfacer. Despois falei con Carol, unha rapaciña catalana de 24 anos, que comezara o Camiño en León, xunto con dous amigos de Barcelona, Laura e Miguel, facía duas semanas. Fixo o Camiño por motivos espirituais, culturais e deportivos, e dixo tamén que Galicia e moi bonita pero os albergues non están en tan bo estado coma en León .Cumprida unha parte da faceta que me levou a face-lo Camiño, a de recoller testemuñas, collín a mochila e fun o último en sair do albergue ás 8,55 hs.,(sería unha constante o de ser sempre o último). Apenas fronte a saída atopeime cun francés que estaba por prender unha cadela para entrar nun bar, pregunteille desde cando viñan andando e díxome que levaban feitos mil seiscentos quilómetros, a cadela de nome Sasha levaba a sua propia mochila, negra coa concha dos peregrinos, na que cargaba as súas medicinas e vitaminas..Pasei pola oficina de Protección Civil de Sarria e alí entregáronme o boletín que cos selos correspondentes, acreditaría o meu paso polo Camiño e o mérito para recibir en Santiago a correspondente Compostela. 
Apenas saír de Sarria atravesei unha ponte medieval, e saíndo da mesma fixen un bordón cunha rama de carballo. Despois de andar unha hora, cheguei a Berbedelo, donde me puxeron o primeiro carimbo do "Meu Camiño". A pouco de deixar Berbedelo, empecei a encontrar xente, Sara,unha francesa que viña de Lyon, de donde saíra facía dous meses; e algúns compañeiros de Sarria. Pasáronnos os primeiros peregrinos en bicicleta(a pe ou a cabalo, a distancia mínima a percorrer é de 100 Kms., en bicicleta 200) Caeron algúns chubascos que me fixeron poñer e quita-la capa, e nunha desas posturas, axudado por "Paco", saíu a porta dunha casa fronte a nós, un paisano que resultou ser Don Dionisio Vázquez López, quen ao ve-lo meu bordón dixo: "Ese pau que leva élle moi malo", ante a miña resposta de que era o que atopara, díxome que agardara un pouco que me ía dar un bo pau. Saíu da casa cun pau para leva-las vacas,rematado nunha galla, que me foi moi útil para coller froitas no "Meu Camiño". Ao preguntarlle canto valía o pau díxome que era un regalo, e que ao abrazar ao Patrón, tamén o fixera por el, a emoción chegou ao cumio cando cos ollos humidicidos pediume que na Catedral rezara un Noso Pai, por súa nai que estaba bastante maliña. Deixei a Don Dionisio despois de darlle unha aperta e prometerlle que cumpliría cos seus pedidos ao entrar na Catedral, (o pau veu comigo para La Argentina). Preto xa de Portomarín encontrei a un oriental alto e atlético, que resultou ser Ken, un xaponés de trinta e cinco anos, que empezara o Camiño en Saint Jean Pied de Port-Francia.
Para chegar a Portomarín hai que baixar unha gran pendente, cruza-la ponte sobre o río Miño e subir unha gran costa. Enriba da mesma está a igrexa fortaleza de San Nicolás, un dos máis bonitos templos románicos do Camiño, que ten a particularidade de que foi desmontada pedra por pedra do seu sitio inicial, para non ser asulagada polas augas do embalse de Belesar que hoxe cubren a antigua vila de Portomarín. Ao chegar o albergue, ía unha muller nova que xa non podía maís coa mochila, e levávaa na mán. Invadido polo espíritu do Camiño, collinlle a mochila e fixen 50 metros cargando dúas. Sentíame moi ben, malia os vintetres quilómetros andados, e despois de facerme sela-la credencial seguín andando ata Gonzar, completando trinta quilómetros percorridos no primeiro día do "Meu Camiño". 
Aquí coido que é bo facer unha reflexión: Eu levara un aparelliño de radio para ir escoitando polo Camiño; encendino ao saír de Portomarín, despois de ver unha figueira cuns figos fantásticos que pensaba pedirlle á dona que andaba por alí, pero que non o fixen, porque tiña un can preso que ladraba moito. Apenas encende-la radio escoitei que morrera Arafat, ao pouco tempo, despois de escoitar algo de música e algunhas novas, apaguei o aparello e non o encendín máis en todo o Camiño. Non era unha compañía como soe ser na gran cidade a cotío, máis ben, era algo que peturbaba a limpa riqueza espiritual do "Meu Camiño". 
En Gonzar que é un sitio no que hay tres casas no Camiño (o albergue, un bar e outra casa), tampouco estaba a hospitaleira, que fora a un funeral. A min doíanme moito as plantas dos pes e queríame deitar, fun ata o bar e tamén estaba pechado, pois o dono, Pedro, que resultou se-lo home da hospitaleira Elisa, ía no enterro. Eu levaba caldo en polvo, pero no albergue non funcionaba a cociña, (no de Sarria tampouco), así que ao non poder quentar auga, non me quedou máis remedio que espera-la apertura do bar, no que ao fin comín un bocadillo de tortilla francesa con queixo, e preparei con auga quente, un caldo de ervellas. Cando fun para ao albergue, o bar quedaba do máis animado, pois había un grupo de cinco rapaces de Ibiza e outro, duns galegos de Catoira e un home de Madrid, xogando ao chinchón cun canadiense de 25 anos, chamdo Johnatán, estudiante de comercio internacional, ao que lle ensinaran o xogo.
Recuperado a pleno, saín de Gonzar ás 8,20hs., a pouco andar falei con John e Marie de Inglaterra, que ían con Gerald, un irlandés falangueiro. Ao mediodía encontreime cun matrimonio belga que levaba andado vinte semanas, ela só falaba francés, e non quixo que lles quitara unha foto, él que falaba bastante castelán (hai quince anos estivo na Argentina), chamoume e díxome que lles quitara tódalas fotos que quixera. Máis adiante, nun sitio chamado Levoeiro, vin por primeira vez un cabaceiro (hórreo circular), moi ben conservado e cheo de millo. Ás catro da tarde e despois de andar 32 Kms., cheguei a Melide, donde o único que me adiantara fora Ken, o xaponés. Collín unha liteira abaixo e preto do servicio. Máis tarde chegaron os belgas, e só quedaban dispoñibles dúas liteiras superiores e bastante afastadas, tendo en conta que o home tiña 69 anos e a súa muller 68, ofrecínlles que ela durmira na miña liteira que eu iría a unha superior. Despois de comer unha lata de sardiñas con un pan de Melide que sabía de marabilla, quentei auga na cociña (ao fin unha que andaba), e mentres tomaba o caldo os belgas chamaron á hospitaleira Concepción, quen con moitísima paciencia e amabilidade, explicáballes que a lavadora funcionaba ben, pero que eles interrumpiran o programa antes do centrifugado. A señora belga que no Camiño non quixera que lles quitara unha foto, agora despois de deixarlle a miña cama, cansábase de falarme en francés. Doíanme moito os pes pero durmín moi feliz. Pola mañá entrevistei a Kevin, un xove norteamericano de 27 anos nacido no estado de Georgia, quen ao preguntarlle porque facía o camiño, viña tamén desde Saint Jean Pied de Port contestoume que o Camiño dixéralle: "Ven, Ven". 
Despois de toma-la diaria cunca de leite saín de Melide ás 9,15 hs., ao pouco de andar vin unha pequena figueira á beira do camiño, pero dentro dunha finca. Había algúns figos no camiño, estaban todos derramados menos un, comino e sabeume fantástico, tanto, que non puiden conte-las ganas de comer outro, e ripei un da figueira, sóubome fatal, deixándome un feo sabor e a seguinte reflexión: O figo que me deu a Providencia, sabía delicioso, a gula de ir polo que non era meu, tivo o merecido castigo de estraga-lo bo intre pasado. Cavilei moito por este feito que pode parecer pequeno, pero que encerra unha gran ensinanza.
Por ser sábado, encontreime con un novo tipo de camiñantes, os que fan o Camiño durante os fins de semana, andan un treito e a semana seguinte retoman desde don deixaran a anterior.Con un grupo deles compartín uns quilómetros ata Arzúa, era unha familia de Curtis, composta de José, Roberto, Mercedes, Margarita, Andrés e Diego, co que nos fartamos de falar do noso Guieiro: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, separámonos en Arzúa, porque fun busca-lo monumento á queixeira para sacarlle unha foto,volvinos a encontrar comendo chourizos debaixo dunha carballeira, tiven que explicarlle que non comía carne, para que me deixaran marchar . Ao pasar por un sitio que se chama Boente, vin unha parra chea de uvas, había un rapaz con una pelota preto, e pregunteille se era da casa das uvas, ao dicirme que si, e tendo en conta que son unhas uvas que a xente non come (nós dicímolles fresas, noutros sitios chámanlle catalán e na Argentina, chinche), díxenlle se me daba un acio, e o rapaz déume dous. Alí mesmo encontrei a primeira igrexa aberta (Santiago de Boente), e o sacerdote que estaba na mesma, deume unha estampa do Patrón, que preside o altar nesa casa. Aínda me faltaba vivir novas experiencias neste terceiro día do "Meu Camiño". Encontrei a unha xove madrileña, Macarena; que coa súa cadela "Queen", levaban unha semana andando desde o Bierzo, e con elas estaba Xosé, un portugues de Nazaret, qu aínda que sexa difícil de crer, díxome que por unha promesa leva tres anos facendo tódolos Camiños de Santiago; mentres falaba con eles, vin vir en dirección contraria, a unha muller nova, coa correspondiente mochila. Despois de dicirlle en ton de broma, que ía ao revés, descubrín que era francesa, que fixera o Camiño desde Francia a Compostela, e que agora volvía a Francia facendo o camiño en sentido inverso. Ao comenta-lo caso, entereime, que non son moitos, pero que hai persoas que fan o da francesiña.Despois de outros 32 Kms., cheguei a Arca; só me faltaban 18 para acaba-lo "Meu Camiño".
En Arca o albergue é moi bo e o único donde había servicio só para mulleres .Cándido, que non é o hospitaleiro senón un colaborador, ten un carácter amabilísimo e xunto coa hospitaleira, manteñen o sitio limpo e ordenado. A Arca cheguei descansado e sin dores nos pes, polo que andiven uns centos de metros ata un restaurante que me recomendou Cándido. Tomei dous pratos de caldo e comín salmón con patacas fervidas, por primeira vez no "Meu Camiño" bebín viño. Ao irme deitar, vin que na liteira contigua á miña, durmía dentro dun saco azul que só lle deixaba ve-la cara, unha mullar loura. Deiteime, e aló polas dúas ou tres da mañá, sentín unha voz baixiña que dicía:
Oye Ramón, Ramoooón.
Era a loura . Eu entredurmido pensei, non creo que o Apóstolo me mande unha compañía así; ¿será unha tentación do demo?; ou será que me afectou o viño. A aclaración chegou pola mañá, a loura era, María Rosa Morales, fisioterapeuta de Madrid, que viña facendo o camiño cun amigo cubano, Ángel Rivero, e co seu irmán Ramón, que é a quen chamaba de noite. Falando cos tres, souben que Angel, antes de comeza-lo Camiño tiña un pe en estado "penoso", que un clínico e un neurólogo, dixéranlle en Madrid, que pensar en face-lo Camiño era estar máis tolo que unha cabra tola. Ángel non fixo caso dos consellos profesionais e marchou ás terras de León cos seus amigos. Ao terceiro día de marcha, María Rosa aplicoulle unha inyección, e cando estiveron comigo levaban andado 16 días. Angel difiniu á loura como "Caperucita de los Caminos", pola axudas que lle dera, pero ela díxome: "Con lo que yo hice , no alcanzaba, aquí hubo algo superior que mejoró a Ángel". Despedínme deles (despois topeinos en Santiago), desexándolle a Ángel que lle seguira ben o pe, a súa resposta foi: "Descuida, el pie está cojonudo".
Os albergues dánlle ao peregrino, cama con colchón e almofada, sanitarios e cociña, todo de balde, e lavadora e secadora de roupa, que funcionan cunha ficha que se compra.
Quentei na cociña eléctrica dixital, a auga para o meu leite, tomeino e empecei a última e curta etapa. Por ser domingo a tranquilidade era absoluta, vin unha cantidade de paxaros coma non vira antes. Ás once en punto da mañá estaba diante da igrexa de San Pelayo de Sabugueira, saíu o sacristán e tocou as campás chamando á misa, nese momento pasaba un grupo de persoas cun moi pouca equipaxe, eran os que aínda non descubrira, os que andan só aos domingos. Falei bastante con eles, e un ofrecéuse para levarme a mochila, agradecínllo e amablemente expliqueille que eu sentíame mellor cargando a mochila, aclarando que, se alguén non a pode levar pero camiña igual, é tan bo peregrino coma calquera. Despois de baixar unha das costas habituais, vin que o Camiño pasaba por debaixo dunha autoestrada, o que me mereceu a seguinte reflexión: Nesta terra donde se puxeron tantos cruceiros, para levar tranquilidade espiritual aos que tiñan que pasar un cruce de camiños, quizais houbera que sinalizar éste, coma cruce de dous camiños da vida. Por enriba van: Os apurados cos coches, aínda que non saiban porqué; os que autoalimentan o seu "estrés"; os que non teñen vagar nin tempo para os demais; os que se alporizan ante calquer espera. Por abaixo van: Os que teñen tempo; os que meditan; os que as veces rezan polos outros; os que cultivan o compañeirismo e a solidaridade; os qu ao acaba-lo Camiño poden trocarse nun dus que pasan por enriba.
Ao deixa-lo cruce antedito, subín cara a San Marcos, e dalí cheguei pronto ao Monte do Gozo, chamado así, por se-lo primeiro sitio desde dónde vían os peregrinos, as torres da Catedral.
Para min non foi o monte do gozo, para min foi o monte da angustia, da saudade polo que ía rematar. Baixei cara a Compostela sentindo unha rara sensación no peito, non me din conta exactamente cando foi, pero o xúbilo estaba dentro de min cando cheguei á oficina do peregrino e subín alborozado cargando a miña mochila ata o primeiro piso do edificio donde recibiría a miña "Compostela" en latín outorgada a : Dnum Raimundum Suárez Alvárez. Preguntei cantas "Compostelas" se levaban entregadas este ano e dixéronme que unhas dúas centas mil. Fun á Catedral e fixen a fila para entrar pola Porta Santa, alí coñecín a dúas mozas que fixeran o Camiño inglés desde Ferrol, (o "Meu Camiño" foi polo "Francés), curiosamente as dúas chámanse Ana, e son unha de Ferrol e a outra de Vigo, fixemos intercambio fotográfico e entramos xuntos pola Porta Santa, (só se mantén aberta os anos xubilares). Chegamos en plena misa do peregrino, dinlle o abrazo ao Patrón, vin o pendular vertixinoso do botafumeiro e fun a praza do Obradoiro a sacar unha foto da fachada principal. Cando marchaba sentín....¡eh, gallego!; pensei, en Buenos Aires sería por min, pero aquí por quen será, pois era por min, os rapaces de Ibiza que non vía facía dous días, abrazáronse a min e eu a eles. Leveinos ata a oficina do peregrino e afastámonos só físicamente. Fun xantar a un sitio ao que vou sempre en Santiago, tomei dous pratos de caldo galego, comín polbo con cachelos, bebín viño tinto e tomei café. Ao día seguinte volvín á misa do peregrino, encontrei a Juan e Paloma, de Jaén, que andiveron un mes desde Jaca-Huesca, e foran meus veciños de liteira no albergue de Gonzar. Quiteille fotos; aos que fan peticións poñendo a man na columna cos cinco dedos marcado do Pórtico da Groria; aos que dan os croques na testa da estatua do mestre Mateo, (autor do Pórtico); e marchei moi feliz.
Reflexión final: Na oficina do peregrino hai que encher un formulario cos datos persoais, e co motivo polo que fixéche-lo Camiño, algúns poucos poñen, por turismo; a maioría divídese entre motivos relixiosos e espirituais. Eu que teño manía de facer sempre modificacións, propoño que se pregunte que se sinte ao rematar. E entón vou poñer aquí o que non puiden escribir alí. "O Meu Camiño" foi todo espiritualidade, sentín desde o mesmo inicio que; agromaban en min os mellores sentimentos; que non recoñecín; ao automobilista prepotente que a diario conduce por Buenos Aires; ao intolerante siareiro do Racing de Avellaneda e do Celta de Vigo; ao que poucas veces ten tempo para tomar un café cun amigo, ao que nunca quere ceder. Enchéuseme o espíritu; coa alegría e balbordo da xuventude; coa teimosa e observadora marcha do xaponés Ken; coa calma e sabedoría do belga Jak, que cando lle preguntei como estaba, contestume: "de los pies mal, del cuerpo regular, pero lo importante, la cabeza, muy bien"; coa fidelidade e amizade aos seus donos, das cadelas Sahsa e Queen; co coñecemento que o irlandés Gerald ten do noso gaiteiro Carlos Nuñez; coa alegría dos andaluces; co que falei da nosa historia e cultura cos rapaces galegos; co compañeirismo de todos; co agarimo e respecto que todos amosaron por Galicia e a súa xente; CO RECORDO DE MEU PAI QUE NON PUIDO VOLVER Á TERRA .
Ramón Suárez "O Muxo"

domingo, 8 de agosto de 2004

DÍA DEL NIÑO EN ARGENTINA

"LOS ÚNICOS PRIVILEGIADOS SON LOS NIÑOS" ¡QUE MENTIRA!

Hoy en Argentina es el día del niño. Un ex presidente de este país manifestó en alguna oportunidad: "los únicos privilegiados son los niños". Esto por supuesto debiera ser así, pero no lo es ni siquiera minimamente.
En un artículo de Pablo Calvo publicado el domingo anterior en el diario Clarín, leemos: -Siete de cada diez niños argentinos nacen en la pobreza. Tal vez formen la "generación de la cuchara", porque se acostumbraron a comer guisos, polentas y sopas, a veces aguadas como un mar. La falta de carnes, frutas o verduras les hizo inútiles el cuchillo y el tenedor, así como la ceremonia de comer en familia, donde el afecto es más necesario que el pan. Muchos almuerzan, meriendan o cenan en los cinco mil comedores comunitarios del país. Se sienten satisfechos por un rato. Los especialistas descubrieron que la dieta que reciben está demasiado lejos de ser la ideal.-
Unos días antes el ministro de Economía había difundido unas cifras con las que informaba del descenso de la pobreza, la que ahora afecta a quince millones y medio de personas, es decir al cuarenta y seis por ciento de la población.
La pobreza y su habitual compañera la indigencia, son el peor de los flagelosen la niñez, porque , no sólo crean individuos con carencias físicas, sino que además, salvo excepciones, los condenan a la ignorancia y la marginación. 
Yo pregunto, ¿cuál es el futuro de los niños que a diario vemos pidiendo en el subterráneo; limpiando parabrisas y faros en las esquinas; abriendo bolsas de residuos en busca de comida; aspirando pegamento de una bolsita en parques y calles; durmiendo al amparo de las estrellas?
Seguramente algún oyente pensará: Bueno, el tipo es un extremista, porque también hay muchos chicos felices que viven con sus familias.
Y esto es aparentemente cierto, y ¿porque aparentemente cierto?, porque a esos niños, a veces los matan para robarles, una bicicleta; un abrigo o las zapatillas. Muchas veces los secuestran y algunas también los matan por haber o por no haber cobrado un rescate.
En estos días, está desaparecida Fernanda Aguirre, una niña de trece años, de una familia humilde del pequeño pueblo de San Benito en la provincia de Entre Ríos. Se acusó de esta desaparición (sin pruebas) a un convicto por doble homicidio con violación, condenado a veinte años de cárcel que cumpliría en el 2014. El infeliz apareció vergonzosa y ridículamente ahorcado el último viernes en la dependencia policial en la que estaba detenido. Aparentemente se suicidó.
Este hombre gozaba de salidas del penal por su buen comportamiento. Esto provocó luego de la desaparición de la niña el enojo del gobernador de la provincia con la justicia de la misma, y la consecuente réplica de ésta, diciendo que las salidas de setenta y dos horas mensuales de que gozaba el asesino violador, se justificaban en leyes redactadas por los políticos. Y palabras, y más palabras, pero la pequeña Fernanda sigue desaparecida. 
En Posadas, esta semana, un ex preso y enfermo mental, liberado hace poco tiempo por informes favorables, violó y asesinó a un niño de tres años.
En La Horqueta, provincia. de Buenos Aires, la familia Garnil sufre desde el veinticinco de julio último, el secuestro de su hijo Nicolás. Y lógicamente hay más casos que jamás tendrán difusión.
Pero hace unos meses secuestraron y asesinaron a otro niño, Axel Blumberg, y también, palabras y más palabras, de jueces, fiscales y políticos. Y allí surgió un hombre, o mejor dicho, lo que queda de un hombre que fue feliz criando y viendo crecer a su niño, el señor Juan Carlos Blumberg, quien ante la incapacidad, la desidia y la corrupción de quienes nos han convertido en una sociedad indefensa y desesperanzada, empezó a luchar para que no se repita lo que le hicieron a su hijo. Organizó marchas multitudinarias, juntó cinco millones de firmas con un petitorio a las autoridades. Entonces vinieron las críticas: Es un nazi; un represor; no sabe de leyes y pide cosas disparatadas, y siguen los items.
El señor Blumberg es ingeniero textil, seguramente se equivocará en alguno de sus planteos, pero, si así fuera, bien vale la pena disculpar esas posibles equivocaciones, a quien trabaja desde el más desgarrante dolor, honesta, gratuita y sacrificadamente, tratando de suplir las vergonzosas falencias de los que si cobran (de todos nosotros) para protegernos a través de la legislación, la prevención y la acción; y que repito, ya sea por incapacidad, desidia o corrupción, han transformado a este gran país, productor de todo tipo de materias primas, con un nivel de cultura general extraordinario, en un territorio en el que según las encuestas, la mayor preocupación de la gente es la inseguridad, y en el que adultos y niños mueren por desnutrición.
Discúlpenme que con esta apertura en este día de fiesta no me sume al tachín tachín de la misma, pero como siempre, acabo de entregarles lo que en este momento siento.

domingo, 18 de julio de 2004

10º Aniversario del atentado a la AMIA

Iniciamos la emisión Nº 315 de Con Vós, con un minuto de silencio

Al cumplirse hoy diez años del atentado terrorista a la sede de la AMIA, con este minuto de silencio homenajeamos a los muertos en el mismo; alentamos a familiares y victimas para que continúen su lucha en busca de la verdad; expresamos nuestra verguenza por la actuación de: policías, funcionarios e investigadores. Quienes con sus torpezas, desidia e incapacidad, no permiten que nuestros muertos descansen en paz a pesar de los diez años transcurridos.

lunes, 12 de julio de 2004

Con Vós

"Con Vós" es un programa radial que se emite todos los domingos, ininterrumpidamente desde el 12 de julio de 1998: Esta propuesta se puso en marcha con la idea de hacer algo distinto, -NO MEJOR DE LO QUE YA HABÍA-, en la difusión de la cultura gallega.
El título pretende ser un abarcativo de las dos culturas que atañen al programa: con vós, en gallego= con vosotros, que es una forma de dirigirme a todos los gallegos . Y como oralmente con vos no tiene tilde también es una forma de decirle a los "Ches" en su idioma (vos=tú): estoy contigo. En definitiva la propuesta era estar cerca de la gente, y a lo largo de estos primeros seis años creo que se consiguió. Las llamadas de los oyentes interesándose por muchos de los contenidos del mismo, no sólo nos convencieron de que alcanzamos lo buscado, sino que además nos llevaron a pensar en la creación de esta página web, que tendrá: retazos del programa radial y algunas otras cosas de nuestra cultura y tradición.
En el programa pasamos música gallega de ayer, antes de ayer y hoy, informamos de la actualidad gallega y española, así como de lo que pasa en la colectividad aquí en la Argentina. A veces tengo ganas de pasar un solo tema no gallego y lo paso dentro de un segmento que llamo "O Capricho do Muxo". Hay un "Curruncho do Muxo" (rincón del Muxo) en el que leemos a los escritores gallegos de todas las épocas, y cuando me da la gana, hago algún comentario editorial, que puede ser sobre cualquier cosa, como lo podrán apreciar con algunos que insertamos en la página.