Etiquetas Latexos de Ana

martes, 22 de agosto de 2017

A DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE EN EL CENTRO GALICIA QUE RECUERDA A ALEXANDRE BÓVEDA

17 de agosto, lembranza de Alexandre Bóveda
É a data na que se lembra o asasinato do mestre galeguista.
Os seus contemporáneos reivindicaron a súa figura con numerosas creacións artísticas e literarias. Entre elas, o insigne cadro “A derradeira leición do mestre”, pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que pode verse no salón co seu nome que o Centro Galicia de Bos Aires ten no seu terceiro andar da Sede Social na Capital Arxentina. A pintura, convertida en icona dunha época e da loita do pobo galego pola liberdade e a democracia, é a orixinal feita a partir da estampa número seis do libro “Galicia Mártir”. O tema do mestre asasinado é un dos máis frecuentes da Guerra Civil española. Iconograficamente responde ao vello tema do encadramento do lamento ante o corpo de Cristo. A derradeira lección do mestre é, precisamente, sacrificarse ata conseguir o martirio por ensinar aos demais. Na composición obsérvase un violento escorzo da figura do mestre e unha disposición e xestos de dor reprimido dos nenos. Castelao pintou esta obra de grandes dimensións especialmente para a conmemoración do noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, realizado no Salón de Actos do Centro Orensano de Bos Aires o 17 de agosto de 1945.
Así mesmo, celébrase o 80º aniversario da publicación de Galiza Mártir e Atila en Galicia, estampas por Castelao, que están dispoñibles para consulta pública na biblioteca Rosalía de Castro do Centro Galicia.
Atila en Galicia. Estampas por Castelao foi editado en Valencia en xullo de 1937. De Galicia mártir. Estampas por Castelao, contamos con varias edicións orixinais. Unha de Valencia, 1937, en galego, castelán, francés e inglés. Outras dúas editadas na Arxentina en 1937 polo Comité Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, Buenos Aires, distribuído por La Nueva España a total beneficio del Gobierno Español del Frente Popular e outra en Rosario (Santa Fe) en 1945 con poemas de Hernán Gómez.
Precisamente, a esta colección de estampas pertence a pintura de Castelao “A derradeira leición do mestre”.
O Centro Galicia conserva dita obra como herdanza do patrimonio xerado na Galicia Ideal albiscada por Castelao para a memoria dos galegos e galegas do mundo. “A derradeira leición do mestre” está dispoñible para a visita ao público en xeral, previa combinación de data coa institución porque é o xeito de mellor custodiala e velar pola súa seguridade. 
Entendemos que un dos mellores tributos que podemos facer á figura de Bóveda é conservar o patrimonio cultural referido á data que se conmemora para achegalo ás xeracións futuras.

CENTRO GALICIA DE BUENOS AIRES

viernes, 18 de agosto de 2017

COMUNICADO DE FEDESPA Y LA PATRIÓTICA POR EL ATENTADO EN BARCELONA

La Federación de Sociedades Españolas  de Argentina y la Asociación Patriótica y Cultural Española, sus Comisiones Directivas y Asociados, hacen pública su rotunda condena al brutal atentado perpetrado en la fecha en la Rambla de Barcelona y envía sus más sinceras muestras de solidaridad al pueblo Español, criminalmente golpeado esta tarde.
Nuestras más sentidas condolencias a las familias de las víctimas, a las que acompañamos en estos momentos de tremendo dolor, así como a toda Cataluña por este nuevo hecho de barbarie que nos llama a unirnos alrededor de las acciones que fomenten la unión y la convivencia pacífica entre los pueblos del mundo.

Federación de Sociedades Españolas de Argentina
Asociación Patriótica y Cultural Española