lunes, 2 de marzo de 2015

CARTA ABIERTA AL SEÑOR PRESIDENTE DE GALICIA

CARTA ABERTA AO PRESIDENTE DE GALICIA
                      
SEÑOR PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA                Bos Aires, 2 de marzo do 2015
DON ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Estimado señor Presidente,  estou convencido que a diáspora galega é a que máis e mellor traballou por e, pola súa terra e xente. País no que puxeron seus pes os inmigrantes galegos, país no que hai pegadas indelebles desa presenza, pero en dous deles, deixaron logros incomparables, en Cuba e na Arxentina. O Centro Gallego de La Habana foi sen dúbida a máis importante obra dos galegos emigrados. Unha revolución rouboullo aos lexítimos donos e, case 60 anos despois seguimos laiándonos pola perda sen poder facer ren.
O Centro Gallego de Buenos Aires, venerábel fano da galeguidade e do galeguismo, potente fanal que alumeou aos emigrados perante a “Longa Noite de Pedra”, que sanou e sana a milleiros deles, que foi e é derradeira morada, antes do pasamento, de xeneracións de galegos e descendentes, está hoxe a piques de non poder evitar a súa propia defunción.
A centenaria entidade porteña, leva décadas cangada por malas administracións. No comezo deste século, enxergamos unha luciña de esperanza cando o presidente Fraga, (preocupado pola situación do centro)avalou a implicanción do goberno galego a través da creación da Fundación Galicia Saúde. O espellismo, foi só iso, máis do mesmo. Esa Xunta e as posteriores poñendo cartos, sen control, que malas xestións seguirón mandando ao burato negro.
Despois dunhas elecciós, nas que un dos candidatos se presentaba ao seu lado, (posibelmente coma agoiro de continuidade), os ¿vencedores? e a propia Xunta, presidida entón por vostede, resolveron finar á fundación. Como era de prever, a situación fíxose insostíbel e rematou logo de aturar os socios, non ter asistencia por falta de pago aos traballadores. Estes protestaron, non só na prensa, senón tamén atallando as rúas veciñas e de xeito escandaloso e vergoñento, nas entrañas do mesmo hospital para desacougo de doentes e familiares. Finalmente a xustiza arxentina, acollendo un reclamo dos socios, dispuxo intervir a institución que, hoxe con unha importante aportación económica do goberno arxentino, atende con normalidade aos socios.
Como vostede moi ben sabe, este anaco de Galicia en Bos Aires, garda ademais unha inxente cantidade de obras culturais (por direito propio), conformando, patrimonio e tradición, un tesouro do que Galicia non debera afastar a súa mirada, como semella estar ocorrendo.
Co meu máis grande respecto señor Presidente, coido que ninguén mellor que vostede, (se non poidera ser nesta viaxe, nunha próxima) para procurar un imprescindíbel achegamento ás autoridades arxentinas e evitar que os galegos de todo o mundo deban lairse no futuro de perder tamén ao Centro Gallego de Buenos Aires.
Lamentando no poder estreitar a súa destra coma en anteriores ocasións, (non estarei en Bos Aires, cando vostede a visite) aproveito a ocasión para agradecerlle a atención que non dúbido dará á presente e saudalo co afectuoso respecto de sempre.

Ramón Suárez Álvarez – “O Muxo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario