Etiquetas Latexos de Ana

martes, 11 de junio de 2013

LUCÍA PÉREZ Y CHEMA PURÓN EN ALEMANIA

Werner Hobl, empresario aleman, seguidor del Festival de Eurovisión,decidió que no había mejor forma de agasajar a sus amistades que montar una cena-espectáculo, en un fantástico paraje de la Baviera alemana, cercano a Nuremberg. A lo largo de diez horas, alfombra roja, fotocall, aperitivo, cena, y las actuaciones de representantes del Eurofestival procedentes de Malta, Eslovenia, Grecia, islandia y España. Lucía Pérez, con Chema Purón, pusieron la nota mas alegre y festiva de una fantástica e inolvidable jornada

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A LEI DA GALEGUIDADE,

A portavoz de Emigración do Grupo Popular, Paula Prado, subliñou que “é unha reivindicación expresa e reiterada polo Consello de Comunidades Galegas e lamentou que non conte co apoio da oposición

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A LEI DA GALEGUIDADE, “UN IMPULSO Á PROXECCIÓN EXTERIOR DA ECONOMÍA GALEGA, Á UNIÓN DE CENTROS E AO IMPULSO DO PAPEL DA MULLER E A XUVENTUDE”

  • O Grupo Popular amosou no trámite parlamentario “flexibilidade naqueles aspectos que teñen que ver co espírito desta lei: regular o dereito das comunidades e entidades galegas no exterior para manter os seus tradicionais lazos sociais e culturais con Galicia e abrir este abano aos dereitos de carácter económico”, afirmou

Santiago, 11 de xuño de 2013.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei da Galeguidade, que “supón un impulso á proxección exterior da economía galega, á unión de centros e ao impulso do papel da muller e a xuventude”, manifestou a portavoz de Emigración do Grupo Popular, Paula Prado. Na súa intervención, Prado subliñou que “esta reforma é unha reivindicación expresa e reiterada polo Consello de Comunidades Galegas” e lamentou que a pesar de estar “consensuado cos seus beneficiarios non conte co apoio unánime dos grupos parlamentarios”.

Paula Prado recordou que a lei contou coa aprobación do pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrado en Bos Aires en 2003, un acordo que foi ratificado hai menos dun ano no seo do X Consello de Comunidades Galegas no Exterior celebrado no verán de 2012 en Galicia. “Trátase dunha reivindicación histórica, que renova un texto lexislativo de hai máis de 30 anos que evolucionou do mesmo xeito que a cidadanía galega no exterior e incorpora conceptos como economía e organizacións empresariais”, sinalou.

TEXTO CONSENSUADO COAS COMUNIDADES GALEGAS

Lamentamos que un proxecto de lei consensuado cos seus beneficiarios non conte co apoio unánime deste Parlamento”, sinalou a portavoz popular, quen apuntou que “os grupos que votaron negativamente deberán explicar ás comunidades galegas e aos galegos residentes no exterior os motivos da súa decisión”.
Prado manifestou que “desde o Grupo Popular amosamos no trámite parlamentario flexibilidade naqueles aspectos que teñen que ver co espírito desta lei: regular o dereito das comunidades e entidades galegas no exterior para manter os seus tradicionais lazos sociais e culturais con Galicia e abrir este abano aos dereitos de carácter económico”.

DEFENSA DA GALEGUIDADE

Porén, referíndose ao Grupo Socialista, criticou que “queira cambiar o espírito desta norma para facer unha lei de cidadanía galega no exterior, que non outorga un dereito a máis dos xa recoñecidos na Lei do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior nin conta co apoio dunha soa comunidade galega no mundo”.

Sos quedan tamén os grupos de AGE e BNG, que reflectiron nas emendas presentadas os intereses e visión dunha soa entidade galega cuxo texto, ademais, foi rexeitado no X Consello de Comunidades Galegas polo conxunto das entidades galegas”, sinalou a portavoz popular.

Para rematar, Prado reiterou que o Grupo Popular “defendeu sempre a comunidade galega no exterior, mentres que os grupos da oposición viñeron a presentar emendas que nada teñen que ver co obxecto desta lei e pedindo algo que xa existe”. “Están en contra das comunidades galegas e dos galegos e galegas que están no exterior”, anotou.