martes, 8 de enero de 2013

CARTA DE LOS REYES, LEÍDA EN CON VÓS EL 6-1-13

Carta dos Reis Magos
Yolanda Castaño
Moi queridos nenos e nenas de __________ (poboación) :
Os meus compañeiros e mais eu estamos moi felices de chegar ata aquí dende o Afastado Oriente, e é para nós unha alegría e un orgullo poder dirixírmonos a vós nesta fermosísima lingua milenaria chamada galego que —coma un vello tesouro— custodiades neste recanto da cativadora Europa. Estanos parecendo un idioma rexo e feiticeiro, e esperamos que por moitos anos, séculos, o saibades coidar tanto a el coma aos ríos, ás rúas empedradas e limpas, ao sorriso dos vosos avós, ao mar, aos monumentos que tallan a memoria, ao monte, aos vosos cuartos... Estades facéndovos cada vez máis maiores e esperamos que aprendades a coidar de todas esas marabillas coas que contades neste glorioso recuncho do mundo.
O esforzo merece a pena cando ao final do camiño se cumpren os soños. Se o sendei­
ro algunha vez vos parece costa arriba porque hai que obedecer a papá e mamá, facerlles caso aos mestres ou pasar sen algo que vos gustaría, lembrade que na meta resplandecerán con máis luz os soños cumpridos: o que devecías por facer, o lugar que tanto desexaches visitar ou aquilo que sempre quixeches ser.
Tamén o regalo que tanto nos pediches; pero, coidado!, sede sinceros e mirade ben
dentro dos vosos corazóns: só aquel agasallo que de veras desexades será realmente voso.
Facédevos responsables da sorte que tedes, gozádea, coidádea e deixade que ela vos
coide. E sobre todo sede, todos e todas, rabiosamente felices!
Moi boa noite e unha grande aperta de nós os tres.

EDITA
© XUNTA DE GALICIA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria
Secretaría Xeral de Política Lingüística

No hay comentarios:

Publicar un comentario