miércoles, 26 de julio de 2000

A queimada, receita e conxuro

"Nos derradeiros tempos, púxose de moda o queimar augardente, a agora famosa "queimada": seis culleradas de azucre por libra de augardente, e a pela dun limón. Nada de botarlle café, que lle arrouba á augardente todo o seu sabor. En todo caso, unha cunca de viño cando xa está a queimada, e se vai deixar apagar.
ÁLVARO CUNQUEIRO 

Receita 
Ingredientes: Augardente (a que se queira); azucre (150 a 200gs. por litro de augardente); casca de limón (a gusto)

Preparación: 
Nunha ola (preferentemente de barro cocido -eu uso un pote de ferro, por seguridade-), poñemo-lo augardente e o azucre, nun cullerón deixamos un pouco de azucre e augardente para plantarlle lume (se está moi frío, quentalo nun queimador da cociña), unha vez prendido, amodiño trafegamos do cullerón ao cazolo, co lume ben prendido engadimo-las cascas de limón. Lembrade que NON leva graos de café; para darlle unha cor ambar, eu cun pouco de azucre fago caramelo no mesmo cullerón co lume da queimada.


Deixámolo arder ata que o lume empece a esmorecer. Antes de apagala, recito o Conxuro. Servila quentiña.

ALGUNHAS QUEIMADAS QUE FIXEN E SON IMPORTANTES PARA MIN: 
No Cabildo de Buenos Aires, ao cumplir douscentos anos a "Escuela Nacional de Náutica". Para seiscentas persoas.
No teatro "Avenida" de Buenos Aires, para a presentación da TVG na Argentina.Para cincocentas persoas.
No "Cocido de Lalín en Buenos Aires". Para mil cincocentas persoas.
Na presentación do "Primeiro festival de Cine Galego en Buenos Aires" no cine Gaumont: Para setecentas persoas.
Na visita dos alcaldes da mancomunidade de Santiago a Buenos Aires 2004. Para oitocentas persoas, con augardente traída da Ulla:
Nunha voda feita no importante "Hotel Hyatt" de Buenos Aires. Para máis de duascentas persoas.
En Galicia (polo emotivas), en Catoira a carón das torres;en Salvaterra , en Santiago e as feitas para os familiares e amigos.

O CONXURO DA QUEIMADA (galego)

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, 
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira, 
falar dos gatos que andan á xaneira, 
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas, 
quedaremos libres dos males
da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder 
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra, 
participen con nós desta Queimada. 


CONJURO DE LA QUEMADA (castellano)

Búhos, lechuzas, sapos y brujas. 
Demonios, duendes y diablos, 
espíritus de las neblinosas fincas.
Cuervos, salamandras y brujas,
hechizos de las curanderas. 
Troncos huecos podridos, 
hogar de gusanos y alimañas. 
Fuego de las "Santas Compañas",
mal de ojo, magia negra, 
olor de muertos, truenos y rayos. 
Aullido del perro, pregonando muerte;
trompa del sátiro y pata de conejo. 
Pecadora lengua de la mujer mala
casada con un viejo. 
Averno de Satán y Belcebú,
fuego de los cadáveres ardientes, 
cuerpos mutilados de los indecentes, 
pedos de los culos infernales,
rugido del mar embravecido. 
Barriga inútil de mujer soltera,
maullar de los gatos en celo, 
mechón sucio de la cabra mal parida. 
Con este fuelle levantaré
las llamas de este fuego
que parece el del infierno, 
y huirán las brujas 
montadas en sus escobas,
yéndose a bañar a la playa 
de las arenas gordas. 
¡Oíd, oíd! los rugidos que dan 
las que no pueden 
dejar de quemarse en el aguardiente
quedando así purificadas. 
Y cuando este brebaje 
baje por nuestras gargantas,
quedaremos libres de los males 
de nuestra alma y de todo embrujamiento. 
Fuerzas del aire, tierra, mar y fuego, 
a vosotras hago esta llamada:
si es verdad que tenéis más poder 
que los humanos, 
aquí y ahora, haced que los espíritus 
de los amigos ausentes, 
participen con nosotros de esta "Queimada".

Traducción al castellano : Ramón Suárez O Muxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario