Etiquetas Latexos de Ana

lunes, 4 de marzo de 2024

ESTAREI CON VÓS

 

A pesares do tempo que camiña,
con vós andará cada dís
un anaco da alma miña.

Aínda que sexa o tempo quen respira,
eu, dende esta fermosa Galicia
mandareivos co vento unha caricia.

Estarei con vós,
na luz da lúa e nas raiolas do sol.
Estarei con vós,
coa lembranza túa no meu corazón.

A pesares da fala que tanto aloumiña,
con vós soará unha melodía
que leva latexo de poesía.

Aínda que a terra semelle dormida,
eu, espertarei tamén en Arxentina
coa bandeira de ollada sempre viva.

Estarei con vós,
na luz da lúa e nas raiolas do sol.
Estarei con vós,
coa lembranza túa no meu corazón.

Estarei con vós,
e vós, no meu amor.
No meu amor, estaredes vós.

Derradeira emisión do programa Con Vós.
Unha tempada que non dí nunca adeus.
Seguimos por as redes se Deus quere, sen saber como.o destino tecerá, asique.....
GRATITUDE POR TANTO AGARIMO.
GRATITUDE POR CONFIANZA E MIMO.
GRATITUDE POR LUZ NO CAMIÑO
GRATITUDE PREZADO RAMÓN,.EVER E UNHA AUDIENCIA QUE ESTIVO, ESTA PARA FACERNOS SORRIR CUNHA APERTA QUE A DISTANCIA NON A FAI MENOS FRÍA.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS♡♡♡

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 25 de Febreiro do 2024.

sábado, 17 de febrero de 2024

MÚSICA DE CÁMARA, ARIAS Y CONJUNTOS DE ZARZUELA

 

Iniciando la Temporada 2024, Alma de España vuelve a escena en el Teatro Empire .presentando el espectáculo "Camino de Cantares"
Música de Camara y arias y Conjunto de Zarzuela.

Pueden ir reservando entradas, por alternativa teatral https://panel.alternativateatral.com/obra77263-alma-de-espana-presenta-camino-de-cantares

Habrá sorteo de Cds y un brindis.  Los esperamos!!!!

Victor Betinotti , Lili Vigo Lima , @Carolina Bejar, @Rocio Giménez, Adriana Bozunovsky 

martes, 13 de febrero de 2024

CAMIÑO DE MULLER

 

Con pedras atopadas ilusión constrúes,
cias fochancas tropezas e non te destrúes,
ti, muller,  que camiñas como podes
vas tecendo tantas pegadas
para que na terra quede camiño,
un camiño que leva o teu nome.

Cando chove amosas cancións núas,
da lúa e do sol sae esa gran luz túa,
ti, muller, traballas como sabes
para que tendendo as mans
no mundo prenda leal agarimo,
un agarimo que leva o teu nome.

Porque amas, choras, berras ou calas,
no que escribes, no que pintas, coses ou lavas,
en tantas cousas nese camiño de muller,
ti, sempre, sempre nos deixas aprender.

Porque cando hai malas, sae corazón que revive,
nas caidas levantas castelos que non afunden,
ti, muller, camiñas como debes
nese camiño sen barreiras que leva o teu nome,
un nome sen esquencer,
porque cada ser bebe o teu respiro,
un respiro que sementas no camiño.

Muller, tí es camiño
e nós, un anaco no que contigo..sorrimos.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 11 de Febreiro do 2024.

viernes, 9 de febrero de 2024

PORQUE TE QUERO

 

Hoxe escribo un pequeno poema,
pequenos versos poéticos
que saen do meu corazón,
para decirche en letras
que con virtudes e defectos
quérote coa alma chea.

Hoxe para tí van estas verbas
como tantas outras que sinto
porque a vida é un amor,
amor que non ten só olladas
senon atesourados momentos
que sementan estrelas ledas.

Hoxe, non me sae poesía,
somente sorrisos no dia a dia,
porque te quero,
porque me queres.
Si, poida que non digas
poida que non diga,
pero amosas.
Poida que non amoses
ou que non amose,
pero dígoche,
dígoche que te quero.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 4 de Febreiro do 2024.

miércoles, 31 de enero de 2024

138 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO

 

Miñas donas, meus señores
hoxe en Rianxo estamos,
para un homenaxe sinxelo
con 138 anos de latexo sincero.
Miñas donas, meus señores
dende Taboada traio estas verbas,
verbas que ao ceo voan ceibes
sobre o noso mar e as nosas leiras.

Pequeno poema para honrar o valor
que ten a persoa de Castelao,
o mestre de Alba de Gloria,
o mestre de Lela,
o mestre que nos fai namorar,
o noso amigo, o noso irmán
Don Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

Miñas donas, meus señores
Galicia aluma máis cás estrelas,
por semente que bebe
de raíces verdadeiras,
Galicia ten ramas de lúa e sol
forxadas con alento de Castelao.

Castelao desas idas con dor,
desas voltas con suor,
desas fiestras con voz,
desas portas con amor.
Castelao
o irman da ilusión,
o amigo da razón,
Castelao, o de sempre.
Parabéns no teu día.
Sáude e terra!

Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
corazón que tanto viviu.
Lela, lela
que Castelao escribiu,
para deixar en Galicia
alma que tanto sentiu.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega.
En Taboada a 28 de Xaneiro do 2024.

Tamén van unhas verbas ao Concello de Rianxo.

R..ecuncho dunha Galicia fermosa
I..deal para bailar no son do ar
A..lentando vida que en paso amosa
N..esta alma túa, Castelao é lar
X..urdindo para ser escritura nosa
O..nde ti, Rianxo, es vila do seu amar.

Gratitude con agarimo. 

jueves, 25 de enero de 2024

APERTA


Hoxe vouche mandar
unha aperta de paz,
outra chea de ilusión
e moitas de corazón.

Hoxe vouche mandar
nestas letras un bicar,
unha caricia de mans
e miles de alentos co ar.

Aperta que tanto mereces
porque xamais esquences.

Hoxe vouche mandar
alento prá camiñar,
olladas cheas de cor
e axuda na túa dor.

Hoxe vouche mandar
anacos do meu fogar,
en palabras que falan
e na goteira que canta.

Aperta que eu sinto
porque ledicia hai contigo.

Aperta con alma,
alma nunha aperta.

Ana Vila Portomeñe.Poeta Labrega.
En Taboada a 21 de Xaneiro do 2024.

martes, 16 de enero de 2024

A NOSA XENTE


Os nosos galegos, as nosas galegas,
quenes xa son luz nas estrelas,
fixeron e fan da nosa lingua
un tesouro que xamáis mingua.

A nosa xente,
dos aturuxos nas leiras
das bágoas do mar.
A nosa xente,
que che da canto queiras
que abre os ollos e sorrí nese ollar.
Esa, é a xente de Galicia.

Os nosos galegos, as nosas galegas,
coidando cidades e aldeas,
traballando con sol e lúa
para unha vida eterna de lenda pura.

A nosa xente,
que vai ou ven
con raíz e rama dun bicar.
A nosa xente,
que dende o seu gran ser
acende amor e fogar.

Calquer lugar,
ten da nosa xente un camiño de ben,
contando tamén cunha rodeira túa.

A nosa xente, viste ó mundo con canto ten
legándoche co vento a pel súa.
A nosa xente,
esa xente de Galicia,
poida que sexa tamén a túa.

Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega
En Taboada a 14 de Xaneiro do 2024.